publicidade hoxe

A Xunta lamenta as incertezas que está a crear a falta de avances na futura Lei estatal de Familias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá no pleno do Observatorio Galego de Familia e Infancia. Durante o encontro, relatou as novidades introducidas no último ano por parte da Xunta de Galicia para mellorar a situación das familias de especial consideración. Neste sentido, lamentou as incertezas que está a crear a falta de avances na futura Lei estatal de Familias.

O director xeral lembrou que o proxecto de lei foi aprobado en Consello de Ministros por vez primeira no ano 2022, pero aínda continúa a súa tramitación parlamentaria nas Cortes. Deste xeito, continuou, non é posible avanzar en posibles medidas para as familias de especial consideración como o título específico para as familias monoparentais con validez en toda España. Para estas familias, o Goberno galego ampliou dun a dous anos a validez do certificado autonómico que acredita a estas familias para acceder a vantaxes na Comunidade Autónoma.

Por outra banda, destacou a boa acollida do novo título de familia numerosa en formato tarxeta, que substitúe ao título en formato papel, e que xa beneficia ás case 29.000 familias numerosas de Galicia. A Xunta de Galicia tamén puxo en marcha neste ano 2024 o novo título de familia numerosa en formato dixital, ao cal poden acceder todas as familias a través da aplicación ‘Xunta.eu’ e que ten a mesma validez que o título en formato físico.

14 de maio de 2024 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.