publicidade hoxe

A Xunta destina máis dun millón de euros ao concerto de once prazas residenciais na cidade da Coruña para persoas sen fogar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases que rexen o concerto social para a reserva e ocupación de once prazas nun centro de acollida e inclusión no concello da Coruña. Esta é a primeira convocatoria por este procedemento no ámbito da inclusión que leva a cabo a Xunta e permitirá dar continuidade na cidade da Coruña a un servizo que é fundamental para as persoas sen fogar.

O Executivo autonómico destina a esta convocatoria máis dun millón de euros por unha duración inicial de catro anos, prorrogables ata un máximo de dez. O inicio deste concerto está previsto para o día 1 de setembro de 2024. As entidades sociais teñen un mes de prazo, a contar a partir de mañá, para presentar as súas propostas. Deberán facelo, obrigatoriamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A través deste servizo, o Goberno galego ofrece ás persoas sen fogar aloxamento e manutención, así como a participación nun programa personalizado de inserción social e laboral.

14 de maio de 2024 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.