publicidade hoxe

Rueda defende o compromiso e responsabilidade do sector empresarial galego na procura do ben común e do progreso de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+
O presidente da Xunta participou no II Encontro de Empresarios en Santiago

O presidente da Xunta participou no II Encontro de Empresarios en Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu hoxe o “compromiso, responsabilidade e a ética” do sector empresarial galego na procura do “ben común” e do progreso da sociedade galega.

“Este goberno négase a que toda proposta que veña do lado empresarial se poña baixo observación”, aseverou o mandatario galego, quen asegurou que o sector empresarial galego, móvese desde o “compromiso, ética, responsabilidade e sustentabilidade” na busca do “interese xeral” da cidadanía.

Así o defendeu Rueda na súa intervención no II Encontro de Empresarios, que se está celebrando estes días en Santiago de Compostela, e na que garantiu que a o Goberno galego traballará “cóbado con cóbado” co sector empresarial para facilitar a posta en marcha de proxectos e iniciativas que “movan a economía”.

Por estes motivos, salientou a aposta pola colaboración pública-privada desenvolvida polo Goberno galego nos últimos anos coa creación de “alianzas pioneiras”, baseadas na “confianza”. “Imos facer grandes cousas durante estes catro anos”, anuncioulle ao sector empresarial, do que gabou a súa “enorme capacidade” para “transformar a sociedade para ben”.

Finalmente, Rueda manifestou “orgullo” pola clase empresarial da comunidade —e que estendeu á sociedade galega en xeral— pola “lección de sensatez, estabilidade e sentidiño” que están a amosar “no medio destes tempos convulsos”.

12 de abril de 2024 | 14:02 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario