publicidade hoxe

As achegas da consellería de Sanidade ao plan integral de tabaquismo amosan o compromiso de Galicia coa diminución do consumo de tabaco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

A Xunta de Galicia é coñecedora e consciente do problema para a saúde pública que representa o consumo de tabaco, polo que promover o cesamento tabáquico e a prevención do seu consumo é un obxectivo prioritario non só deste departamento, senón tamén para o conxunto da Xunta de Galicia.

Desde o ano 1993, disponse na nosa comunidade do Programa galego de promoción dunha vida sen tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública, que se completa co Plan Inspira Saúde (2023-2027), unha iniciativa de actuación multidisciplinar en tabaquismo cunha visión integral do mesmo. Doutra banda, Galicia é pioneira en establecer a rede de espazos sen fume, iniciando a mesma coas praias, para posteriormente ampliala aos portos e aos parques.

En consecuencia, o compromiso do departamento sanitario galego na promoción de estilos de vida saudables, a prevención de enfermidades e condutas adictivas é evidente e constatable polas diversas accións desenvolvidas e os datos obtidos.

As medidas que se propuxeron desde Galicia como achegas ao Plan Integral de Tabaquismo poñen de manifesto o firme compromiso da nosa comunidade en seguir a traballar para diminuír o consumo de tabaco e as súas consecuencias, co obxectivo claro de conseguir unha xeración libre de tabaco. 

Respecto á votación proposta na reunión de onte da Comisión Nacional de Saúde Pública, a Xunta considera que este documento debe ser aprobado por consenso no seo da comisión, e non empregar fórmulas alternativas que non figuran no regulamento de funcionamento interno da comisión e nas que subxace a imposición en lugar do diálogo. Tal e como se manifestou na reunión da Comisión de Saúde Pública do día 3 de abril, Sanidade considera que os membros da Comisión de Saúde Pública non poden votar un “acordo de cooperación”.

En consecuencia, o departamento sanitario galego non emite voto en ningún sentido e pide ao Ministerio de Sanidade que se respecten os aspectos procedementais pertinentes, e que o documento sexa consensuado pola Comisión Saúde Pública.

4 de abril de 2024 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.