publicidade hoxe

A Xunta inicia a redacción do proxecto para habilitar dous novos treitos de senda na estrada AC-424 en Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontecesoPortada esquerdaProvincias
A-
A+

A Xunta vén de encargar a redacción do proxecto para habilitar dous novos treitos de senda na estrada AC-424, no concello de Ponteceso.

Trátase da redacción do proxecto para executar dous treitos de senda peonil, que permitirán darlle continuidade a actuacións como o itinerario previsto nesta mesma estrada, entre os puntos quilométricos 1+150 e 1+400, no Couto, que se acometerá este ano.

O primeiro tramo de senda proxectada unirá a capitalidade do concello de Ponteceso coa senda do Couto, formando un itinerario continuo e seguro para peóns. O traxecto conectará comezará a futura senda do Couto co no final do paseo de Ponteceso.

O segundo treito de senda conectará Corme Aldea con Corme, discorrendo entre os puntos 6+630 e 7+530 da estrada autonómica AC-424.

O proxecto tamén determinará se é necesario habilitar cruces para as persoas, para acadar unha maior permeabilidade transversal da estrada.

Ademais, na zona do Couto deseñarase unha mellora da seguridade viaria consistente en trasladar unha intersección existente cunha vía municipal no punto quilométrico 1+180 ata o 0+980.

A redacción do proxecto destes novos tramos de sendas enmárcase no servizo de redacción de proxectos en materia de estradas nas catro provincias que foi licitado pola Xunta por importe de 4 M€. Este contrato de servizo divídese en 4 lotes, un por provincia, e permite atender as necesidades de redacción de proxectos nos próximos anos en materia de mobilidade sostible, seguridade viaria ou conservación de estradas autonómicas.

9 de febreiro de 2024 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.