O Consello da Xunta acorda o cese de altos cargos para que se incorporen ás listas de cara ás eleccións do 18 de febreiro
O Consello da Xunta, reunido este luns con carácter extraordinario, aprobou os decretos de cese de sete altos cargos del Goberno autonómico para que se poidan incorporar ás candidaturas de cara ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro. Mañá, martes 16 de xaneiro, publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Os decretos recollen os ceses de Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral da Emigración; de Xosé Manuel Merelles Remy como director da Axencia de Turismo de Galicia; de Gonzalo Trenor López como delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña; de Martina Aneiros Barros como delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol; de Javier Arias Fouz como delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; e Gabriel Alén Castro como delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense.
Tamén recolle os ceses na Consellería de Medio Rural de Silvestre José Balseiros Guinarte como director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e tamén como director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).