A Xunta convoca oposicións de ensino público para 1743 prazas en máis de medio cento de especialidades
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a través da Oferta Emprego Público docente de 2024, o Goberno galego convocará un total de 1743 prazas este ano para máis de medio cento de especialidades. “É a OPE máis alta dos últimos cinco anos”, salientou o mandatario galego, quen precisou que as probas celebraranse a partir do sábado 22 de xuño, unha vez remate o curso escolar.
O obxectivo desta convocatoria é consolidar a estabilidade do que é o piar do sistema educativo público, os docentes, co obxecto de seguir aumentando o número de mestres no ensino e mellorar a atención dos alumnado. Non en balde, segundo salientou o presidente da Xunta, das 1743 prazas, un total de 1512, o 86 %, son de novo ingreso. Delas, segundo precisou, 520 son para o corpo de mestres, 875 para o de profesores de ensino secundario, 84 do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 33 de escolas oficiais de idiomas.
A maiores, as oposicións permiten ao profesorado avanzar na súa carreira docente. Deste xeito, Rueda avanzou que as 231 prazas restante son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220) ou ao de inspectores de educación (11).