O Sergas xa prepara o dispositivo organizativo para os exames da OPE que se desenvolverán en Silleda o 4 e 5 novembro
A directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez, presidiu esta mañá en Silleda unha reunión con representantes dos corpos de seguridade, emerxencias, e persoal da Fundación da Semana Verde, para ultimar os operativos de organización e seguridade, dos exames da OPE que se desenvolverán os vindeiros días 4 e 5 novembro no Recinto Feiral de Silleda.
Durante a primeira fin de semana do mes de novembro, un total de 16.241 persoas aspirantes acudirán a realización dos exames para acceder ás 196 prazas da categoría de Persoal de Servizos Xerais (PSX); e ás 789 prazas de Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE).
Así, na xornada do sábado 4 de novembro, desde as 15:30 horas, máis de 6.715 aspirantes desenvolveran as probas dos PSX (nas quendas libre, promoción interna, discapacidade xeral e discapacidade intelectual). Ademais, neste mesmo día, tamén se levarán a cabo as probas de acceso a Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería (na quenda de discapacidade intelectual).
Xa no domingo, e tamén desde as 15:30h. Un total 9.526 persoas aspirarán as prazas convocadas para a categoría de Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería (nas quendas libre, promoción interna, discapacidade xeral).
Acompaña pola subdirectora de Selección de Persoal, María José Montero Furelos; a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, destacou a importancia desta xuntanza “a hora de coordinar os horarios e a organización dun dispositivo de seguridade, que conlevará a apertura de máis de 40 portas de acceso do Recinto Feiral de Silleda”, lembrando que tamén se artellará un dispositivo de control de acceso tanto nas estradas, como nas saídas da autoestrada próximos ao recinto.
Deste xeito, e xunto coas persoas colaboradoras do Sergas que participarán nas tarefas organizativas das probas, o dispositivo completarase con efectivos da Garda Civil, Policía, Protección Civil, 061, Cruz Vermella e persoal da Fundación Semana Verde de Galicia.