publicidade hoxe

Rueda defende a aposta das empresas galegas pola innovación sen renunciar a tradición como oportunidade para reforzar o tecido económico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvinciasVigo
A-
A+
O presidente galego no  50 aniversario de Hermasa en Vigo

O presidente galego no 50 aniversario de Hermasa en Vigo

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou hoxe a aposta das empresas galegas pola innovación sen perder os seus valores tradicionais como unha “oportunidade” para reforzar o tecido económico da comunidade. “A historia de Galicia explícase nesa potencia empresarial que arrisca e que non ve na tradición un obstáculo senón unha oportunidade”, valorou.

Así o salientou durante a súa intervención celebración do 50 aniversario da fábrica Hermasa en Vigo, na que o titular do Goberno galego puxo a esta compañía como exemplo de entidade moderna e experimentada que sabe adaptarse ás necesidades do mercado para seguir medrando, pero sen esquecer a realidade da súa contorna.

Rueda resaltou que a fundación de Hermasa nos anos 70 supuxo un gran cambio para a industria conserveira galega e mundial ao introducir automatismos e aparellos especializados no traballo diario destas empresas. “Na conserva en Galicia houbo unha Silicon Valley á galega”, eloxiou con respecto a esta empresa, especializada na fabricación de máquinas para o eido pesqueiro e conserveiro, e que na actualidade está presente xa en 70 países dos cinco continentes e conta con máis de 70 patentes e marcas rexistradas.
O presidente erexiu a compañía como exemplo da capacidade innovadora do tecido empresarial galego que aposta pola súa modernización, pero sempre tendo en conta as súas orixes e a contorna na que se atopan. Así, enxalzou as empresas punteiras que arriscan e apostan pola “cultura do esforzo e do emprendemento” sen esquecer as orixes, pola súa contribución á construción dunha “Galicia estable e de futuro”.

Nesta liña asegurou que a chave para o progreso dun país, dunha comunidade ou dunha empresa “non está en non resistirse á evolución”, senón en “estar preparada para ela, afrontala e dominala para estar nas posicións punteiras”, concluíu.

13 de setembro de 2023 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.