Rueda acompaña á raíña Letizia na apertura do curso escolar 2023-2024

Visita da Súa Maxestade a Raíña Letizia no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez asistiu ao acto oficial de inauguración do curso escolar 2023-2024 a cargo da Súa Maxestade a Raíña Letizia no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, no concello de Oroso.