publicidade hoxe

O Goberno galego convocará unha nova Oferta de Emprego Público en 2024 para seguir renovando prazas docentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerdaProvincias
A-
A+
Intervención do presidente galego no Pleno do Parlamento

Intervención do presidente galego no Pleno do Parlamento

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que o Goberno galego convocará en 2024 unha Oferta de Emprego Público de reposición para seguir apostando polos docentes e contará cun número de prazas semellante ao de anos anteriores. Fíxoo durante a sesión de control ao Goberno no Parlamento de Galicia.

Rueda incidiu na importancia da estabilización docente e recordou que desde 2009 o Goberno galego renovou xa a 17.000 profesores e nos últimos dous anos xa son 4.000 profesores máis os que contan cun marco laboral estable, dato que sitúa a Galicia na menor taxa de interinidade de toda España.

Dentro desta aposta pola ensinanza de calidade, Galicia continuará mantendo os postos de cabeza nas rateos alumno/profesor, con 9,8, un punto e medio mellor que a media estatal. Ademais, a pesar da evolución demográfica que deixa as aulas con 2.000 alumnos menos, “grazas ao compromiso da Xunta temos 370 profesores máis”, sinalou Rueda.

“Seguiremos apoiando ás familias, apostando por un sistema público excelente e que sexa cada vez máis inclusivo, 10 puntos máis que a media estatal”, indicou o mandatario autonómico sobre o sistema educativo do que precisou que é o que conta con máis linguas, tecnoloxías e competencias STEM. Entre os rapaces e rapazas galegos xa son 64.000 co libro electrónico, ademais dunha inserción profesional maior que no resto de comunidades autónomas a pesar da aprobación Lomloe, que retrocede en ámbitos clave e resta valor á cultura do esforzo, salientou na súa intervención.

A nova proposta anunciada polo presidente da Xunta busca impulsar o modelo educativo galego pulido ao longo de anos co traballo e diálogo co sistema educativo. Así, o Goberno galego garantirá o apoio continuado aos alumnos que máis o precisen para blindar a igualdade, manter a calidade do sistema actual, unha mínima taxa de abandono escolar e os excelentes resultados académicos actuais, á vangarda de España e de Europa, tal e como o avalan últimos informes estatais así como o informe PISA.

13 de setembro de 2023 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.