publicidade hoxe

Gabriel Alén louva a programación do Festival Mundial do Ilusionismo ‘Galicia Ilusiona’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Presentación da programación de Galicia Ilusiona

Presentación da programación de Galicia Ilusiona

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da nova edición Galicia Ilusiona, o Festival Mundial do Ilusionismo, que este ano consolidará a Galicia como a capital mundial da maxia e que achegará ata Ourense dúas actuacións, o 9 de setembro e o 15 de outubro.

A primeira será unha actuación de balde na rúa, que se desenvolverá o sábado, 9 de setembro, no exterior do Centro Comercial Ponte Vella de Ourense. Pero será o 15 de outubro cando o Auditorio Municipal acollerá unha das 7 galas internacionais nas que participarán seis dos mellores ilusionistas do mundo: Dania Díaz (Venezuela), Miguel Muñoz (España), Paul Ponce (Arxentina), Dúo kybalion (Arxentina e Rusia), Gerald Le Guilloux (Francia) e Amadeo Edama (España). As entradas teñen un prezo único e reducido de 12€ e están á venta na web do Festival (www.galiciailusiona.es).

O delegado territorial subliñou que a Xunta apoia esta iniciativa co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade.

Para Gabriel Alén, “temos que sentirnos orgullosos do traballo realizado dende tódolos sectores, xa que gracias a elo, somos un destino elixido por milleiros de persoas para visitar e, por suposto, de ter esa maxia que nos fai tan especiais aos galegos e de que sigamos sendo o destino favorito para a celebración de actuacións tan espectaculares como, estou segura, levarán a cabo os participantes deste festival de ilusionismo”.

O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona

A programación do festival, conta con 7 grandes galas internacionais de maxia levadas a cabo nas 7 grandes cidades, nas que estarán presentes os mellores magos e magas do mundo.

Un dos obxectivos deste festival é ser un referente a nivel nacional, polo que se pretende elevar a arte da maxia a un novo nivel. Trátase dun dos festivais máis ambiciosos de Europa (en canto a número de accións, artistas e duración) coa posibilidade de que a marca Galicia sexa moi potenciada a todos os niveis. Debido a isto, búscase crear unha experiencia única e espectacular, atendendo polo miúdo a cada un dos detalles.

A nivel artístico o festival conta coa presenza dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento e do mundo, pero ademais o festival prioriza a igualdade neste mundo emerxente, coa presenza de Magas e Magos, en todas as accións que se levarán a cabo, e aposta pola maxia galega, contando con magos e magas galegos/as para unha boa parte dos espectáculos.

A nivel técnico, cóntase cos mellores e máis actuais equipos posibles. Toda unha exhibición de luz e son, con presenza de pantallas led e efectos especiais, tales como explosións pirotécnicas controladas ou canons de confeti, serán un dos puntos fortes que complementen os actos dos mellores magos do mundo na Gran Gala Máxica Internacional.

5 de setembro de 2023 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.