publicidade hoxe

A Xunta activa axudas por 1,5 M€ para impulsar a economía circular no sector comercial e artesán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentou hoxe na Coruña a nova convocatoria de axudas por 1,5 millóns de euros coa que a Xunta de Galicia impulsa a economía circular no sector comercial e artesán galego.

Heredia, que visitou o establecemento LaReina del Hogar xunto con representantes de asociacións de comerciantes, sinalou que a iniciativa que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia permanecerá aberta á presentación de solicitudes ata o vindeiro 9 de outubro.

Os apoios, destinados á adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado realizadas con materiais cen por cen naturalmente biodegradables ou ecolóxicos, poden chegar aos 4.200 euros no caso dos comerciantes retallistas e obradoiros artesáns, en función do número de traballadores.

No caso das asociacións de comerciantes, as axudas alcanzan o 90 % do investimento subvencionable e poden alcanzar os 11.970 euros dependendo do número de comercios asociados. As axudas concederanse mediante concorrencia non competitiva.

O impulso ao comercio de proximidade é un dos eixos da actuación da Consellería de Economía, Industria e Innovación, apostando pola transformación dixital e sustentable dun sector clave para a creación de riqueza e emprego en Galicia.

8 de setembro de 2023 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.