publicidade hoxe

A Policía Autonómica investiga unha persoa por un delito contra a flora e a fauna ao atrapar un azor nunha gaiola en Rois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaRoisSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da xefatura de Santiago de Compostela en colaboración con axentes ambientais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda liberaron o luns 28 de agosto un azor atrapado nunha gaiola en Rois. Como resultado da actuación hai unha persoa investigada como presunta autora dun delito contra a flora e a fauna.

A ave foi capturada nunha trampa situada no tellado dun pombal, onde foi atraída polas pombas que había no seu interior como reclamo. A gaiola, fabricada de xeito artesanal con malla metálica tiña unha zona de maior tamaño cunha porta que se pechaba de maneira automática ao entrar o animal, e outra menor onde se colocaran como reclamo dúas pombas vivas. Tras avaliar o seu estado, tanto o azor como as pombas foron liberados.

Cómpre sinalar que o azor común está incluído na lista de especies en réxime de protección especial. As dilixencias por estes feitos fóronlle remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Padrón e a gaiola foi intervida.

5 de setembro de 2023 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.