publicidade hoxe

Turismo de Galicia publica a licitación das obras do castelo de Santa Cruz no concello da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaGaliciaLocal PortadaPontevedraPortada dereita
A-
A+

Turismo de Galicia vén de publicar na páxina web de Contratos de Galicia a licitación do proxecto de mellora dos accesos do castelo de Santa Cruz no concello da Guarda, cun orzamento base de 192.437€.

Previamente, asinouse un acordo cooperación entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Guarda, para poñer a disposición do departamento do Goberno autonómico os terreos precisos para acometer as obras de dotación de alumeado ecoeficiente da infraestrutura da muralla do castelo, a creación de controis de acceso para a xestión dos fluxos turísticos, a mellora dos accesos e a posta en valor do edificio.

O financiamento das obras levarase a cabo en dúas anualidades, cos orzamentos da Comunidade galega dentro do Plan Xacobeo Next Generation, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU.

12 de xullo de 2023 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.