publicidade hoxe

Os concertos de Faro Silleiro mudan do venres ao domingo por mor da climatoloxía adversa prevista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Xunta informa de que os concertos desta fin de semana no Faro Silleiro (Baiona) deberán mudar de día, pasando do venres ao domingo por mor da climatoloxía adversa prevista para mañá.

Así o 15 de xullo actuarán Rapariga DJ, Monoulius Drop e Lynn Milanés. E o domingo, DJ Russinha, Catuxa Salom e Ses. As entradas que queden libres, por posibles cancelacións poderanse reservar en www.festivalmaraberto.com, a partir de mañá venres ás 10h.

O vindeiro fin de semana no Faro Punta da Barca (Muxía) actuarán Fillas de Cassandra, Freedonia, Cora Velasco e Mísia. E finalmente, o derradeiro fin de semana de xullo, os días 28 e 29 de xullo actuarán no Faro de Corrubedo (Ribeira), Blanca Paloma, The Gift, Sheila Patricia e Allova.

13 de xullo de 2023 | 14:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.