publicidade hoxe

Fabiola García inicia unha viaxe institucional por América Latina para colaborar coa atención aos galegos emigrados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada dereitaProvincias
A-
A+

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, iniciará mañá unha viaxe institucional de sete días por tres países de América Latina para reforzar a colaboración con aquelas entidades e centros de atención aos galegos emigrados, especialmente aqueles de atención a maiores. En concreto, viaxará a Brasil, Arxentina e Uruguai onde asinará protocolos de colaboración que axuden a mellorar a calidade asistencial dos centros de atención sociosanitaria.

En Brasil, a conselleira visitará varios centros de día e asociacións de atención a maiores que contan cunha importante comunidade de galegos emigrados como a Sociedade Beneficiente Rosalía de Castro ou a Peña Galega da Casa de España. En Arxentina poderá asistir ao 44º aniversario do Centro de Galicia en Buenos Aires, así como compartir un encontro coas mulleres distinguidas co galardón ‘A barca de Sálvora’ no Centro gallego de Avellaneda.

Así mesmo, visitará o Hogar para Ancianos Galegos de Domselaar e o Centro Gallego de Mar del Plata. Por último, na súa visita a Uruguai, Fabiola García coñecerá os maiores da residencia Hogar Español de Anciáns de Montevideo onde poderá seguir garantindo a colaboración da Xunta coa súa calidade de atención. A conselleira trasladará o apoio de toda Galicia a todos os galegos emigrados que situaron o nome da nosa Comunidade ao outro lado do Atlántico.

24 de xullo de 2023 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.