publicidade hoxe

A Xunta remata as obras de renovación da estación de bombeo de auga para a mellora do abastecemento do concello de Oímbra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaOímbraOurensePortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou as obras de renovación da estación de bombeo de auga para a mellora do abastecemento do concello de Oímbra.

A actuación centrouse na mellora da estación de captación e bombeo de auga para abastecemento do municipio, arranxando as deficiencias que ocasionaban frecuentes avarías e a interrupción no servizo de subministro de auga aos veciños.

Esta mañá Augas de Galicia entregoulle ao Concello estas infraestruturas hidráulicas, que supuxeron un investimento autonómico de 48.000 euros.

As actuacións executadas comezaron pola renovación en distintos núcleos do municipio das tubaxes de aspiración e a construción dun foso desde a caseta de bombeo da estación ata o pozo de captación.

Tamén se renovou o grupo de bombeo, procedéndose á colocación dun novo grupo electrobomba formado por dúas bombas centrífugas horizontais de funcionamento alternativo, con motor de indución pechado e autoventilado, apto para traballo continuo.

Ademais, actuouse no recinto das instalacións, mellorando a contorna para facilitar os operarios municipais as súas tarefas de mantemento nas instalacións. Deste xeito, renovouse a carpintería metálica de xanelas da caseta de bombeo e mellorouse o firme do recinto.

13 de xullo de 2023 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.