publicidade hoxe

A Xunta reforza a colaboración coas sociedades Rosalía de Castro en Brasil para mellorar a atención nos seus centros de día

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, iniciou hoxe a súa viaxe institucional por América Latina, coincidindo co Día de Galicia. Neste primeiro día, visitou os dous centros de día de atención a maiores das Sociedades Beneficientes Rosalía de Castro en São Paulo e Santos, Brasil, onde asinou protocolos de colaboración para seguir axudando a mellorar a atención aos maiores emigrados na diáspora.

Estes convenios, cun orzamento de 10.000 euros cada un, permitirán mellorar a atención destes servizos de prevención e coidado a maiores. A conselleira sinalou que mediante este apoio, o Goberno galego volve demostrar que non esquece aos galegos na diáspora e que segue a apoiar o seu benestar a nivel social e sanitario para que poidan vivir esta etapa das súas vidas do mellor xeito posible.

Así mesmo, a conselleira tamén se achegou ao Centro Español y repatriación no municipio de Santos, un centro que na actualidade serve para fomentar o espírito de galeguidade entre a colectividade galega neste país. Fabiola García destacou que Galicia segue estando moi presente neste país a través da cultura, a tradición e o recordo dos máis maiores e animou a seguir conservando o vínculo coa sociedade galega no exterior.

25 de xullo de 2023 | 09:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.