publicidade hoxe

A Xunta recibe en Málaga o Premio pola promoción do turismo musical de festivais e o turismo cultural

Carmen Pita recollendo o premio

Carmen Pita recollendo o premio

A directora de promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, recolleu onte pola noite en Málaga o premio outorgado polo xornal La Razón pola promoción do turismo musical de festivais e o turismo cultural. Pita agradeceu o premio recibido polo traballo levado a cabo polo Goberno galego no Xacobeo co impulso de centos de iniciativas, programas e eventos onde a música tivo unha especial importancia.

Carmen Pita lembrou que este Xacobeo será recordado como o Xacobeo da música en directo, porque grazas aos “Concertos do Xacobeo” , que tiveron lugar dende maio ata decembro do ano pasado, 1.124.600 espectadores presenciaron as actuacións dos concertos do Xacobeo celebrados en máis de 70 localidades galegas dende maio a novembro con 171 actuacións, ciclos e festivais en pequeno ou gran formato.

O programa de promoción e dinamización do territorio a través de concertos en directo co gallo da celebración do Ano Xacobeo, ofreceu, ao longo de 7 meses, alternativas musicais para todas as idades e todos os gustos. A diversidade musical e estilística (con pop, rock, trad, raíz, ritmos urbanos, salsa, trad, electrónica, funk, rap ou contemporáneo) conformaron parte dunha iniciativa que, desde a súa presentación en abril até o último concerto do 26 de novembro do pasado ano, medrou exponencialmente: o portal web oficial www.concertosdoxacobeo.gal pasou de recoller inicialmente 66 citas ata acadar un total de 171 eventos, entre festivais, ciclos ou actuacións de bandas e artistas que conformaron finalmente o calendario musical coa colaboración de diferentes promotoras galegas.

“Apostamos polo Xacobeo, pola música e acertamos. Impulsamos unha celebración aberta, descentralizadora e integradora, difundindo por toda a Galicia o espírito Xacobeo cultural e musical, e este ano seguimos traballando con este mesmo obxetivo, para poñer a Galicia á cabeza do turismo de festivais e do turismo cultural”, finalizou Carmen Pita.

14 de xullo de 2023 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.