publicidade hoxe

A Xunta imparte un curso para a formación de asesores centrado na fruticultura dos froitos sen casca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondoLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, imparte un módulo que comezou hoxe e remata maña, 14 de xullo, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Neste caso, o curso versa sobre fruticultura dos froitos sen casca. Deste xeito, abórdanse cuestións como os enxertos ou a poda destas árbores. Ademais, ao igual que hoxe, mañá os asistentes poderán realizar sesións de campo para ver diferentes demostracións.

Este curso está enmarcado dentro do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. O obxectivo destes cursos é ofrecer unha mellor atención por parte dos asesores á cidadanía. Durante o día de hoxe, os asistentes puideron asistir a diferentes charlas sobre a evolución da fruticultura, os custes de produción e os porta enxertos, que ademais contou cunha sesión de campo sobre os tipos de frutificación. Así mesmo, tamén se tratou a resistencia das variedades tradicionais fronte ao moteado.

Na sesión de mañá, trataranse os procesos de coidado dende a poda ata a recolleita dos froitos. Así, como os sistemas de formación e a súa evolución dende o vaso ás formas planas en alta densidade. Os asistentes tamén poderán coñecer as tecnoloxías de produción do futuro, é dicir, o emprego da robótica, a dixitalización ou a mecanización nestes cultivos. Ao igual que no día de hoxe, mañá haberá unha sesión de campo, neste caso, centrada nos diferentes tipos de poda.

13 de xullo de 2023 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.