publicidade hoxe

A Xunta contribúe con 140.000 euros a apoiar á asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra na asistencia a pacientes con trastornos adictivos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá á sede da asociación Exalcohólicos de Ferrolterra para coñecer o traballo que desempeña esta entidade no ámbito da atención aos trastornos adictivos e que o pasado 2022 atendeu a máis de 413 usuarios.

Durante a visita na que Aneiros estivo acompañada do presidente da entidade, Miguel Fraga, e a xefa territorial da Consellería de Sanidade, Cristina Pérez, informou da recente resolución dunha orde de axudas da Consellería de Sanidade destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais dotada con 1,2 M€ e da que a entidade resultou beneficiaria.

Concretamente a asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra recibiu unha subvención de 6.454 euros para financiar o seu programa de apoio á reinserción sociolaboral en persoas con conductas aditivas dentro da liña de fomento do emprego.

A esta achega hai que sumar o convenio anual de colaboración que a Consellería de Sanidade asina coa asociación para a asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos e que este ano ascende a preto de 132.000 euros.

A delegada territorial aproveitou a visita para poñer en valor o traballo que se presta desde a entidade e os programas que teñen en marcha para o tratamento de trastornos como o alcoholismo, o tabaquismo e a ludopatía.

11 de xullo de 2023 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.