publicidade hoxe

Román Rodríguez entrega o premio Clubs de Lectura 2023 a Manuel Núñez Singala, o autor galego máis lido nas bibliotecas escolares o pasado curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+
O conselleiro Román Rodríguez facendo entrega do premio

O conselleiro Román Rodríguez facendo entrega do premio

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, entregou hoxe o premio Clubs de Lectura 2023 ao escritor Manuel Núñez Singala, que acada este galardón por ser o autor galego máis lido nas bibliotecas escolares durante o pasado curso escolar. O titular de Educación, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou esta mañá na XV Xornada de Clubs de Lectura, que congrega a máis de 400 coordinadores destes espazos educativos co obxecto de compartir experiencias e afondar en novas accións sobre o libro e a lectura.

Na súa intervención, Román Rodríguez felicitou ao autor por esta distinción, de quen destacou que é “dos máis seguidos polos lectores infantís e xuvenís”, ao tempo que aproveitou para destacar o “papel fundamental” que exercen as bibliotecas escolares e os clubs de lectura dos centros “como lugares de coñecemento, de innovación e de creatividade que redundan nunha boa formación académica e persoal dos alumnos”, o que inflúe en que Galicia sexa unha das mellores comunidades autónomas en competencias lectoras segundo o último informe PISA.

5 de xuño de 2023 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.