publicidade hoxe

Preto de 12.500 aspirantes examinaranse o vindeiro mes de xullo para 119 prazas de persoal subalterno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Preto de 12.500 aspirantes participarán o vindeiro mes de xullo nas oposicións para acceder a 119 prazas da agrupación profesional (AP) da Administración Autonómica. De todos os procesos selectivos da Xunta, este é o proceso ao que concorre un maior número de aspirantes.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nesta oposición.

As relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas poden consultarse no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica. A listaxe de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura tamén como anexo da resolución que se publica no DOG.

3 de maio de 2023 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.