publicidade hoxe

O Sergas publica as listas definitivas de admitidos ás probas selectivas para o acceso á categoría de enfermería, e ás clases de ATS/DUE e Inspector/a médico de persoal funcionario sanitario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaProvincias
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, os anuncios polos que se dá publicidade á relación definitiva de persoas admitidas nas probas selectivas para o acceso ás categorías de enfermeiro/a (estatutario) e ás clases de ATS/DUE e Inspector/a médico/a de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

No que atinxe á categoría de enfermeiro/a, do total de 10.096 aspirantes admitidos/as, 9.815 corresponden a quenda de acceso libre. Así, solicitaron participar pola quenda de promoción interna un total de 123 aspirantes, todos eles profesionais do Servizo Galego de Saúde, con vinculación fixa, e que están a desenvolver as súas funcións noutra categoría profesional do mesmo ou inferior nivel de titulación. Así mesmo, tamén resultaron admitidos un total de 158 persoas aspirantes pola vía de acceso de discapacidade xeral.

Das 1.556 prazas ofertadas nesta categoría: 1.135 corresponden á quenda de acceso libre, 332 á quenda de promoción interna, e 89 á quenda de discapacidade xeral. As prazas non cubertas a través das quendas de promoción interna e de discapacidade xeral, acumularanse á quenda libre.

No que respecta ás clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), resultaron admitidas 303 persoas aspirantes na clase ATS/DUE, delas 289 pola quenda de acceso libre e 14 pola vía de acceso de discapacidade xeral. Na clase de Inspector/a médico resultaron admitidas 79 persoas, delas 74 pola quenda de acceso libre e 5 pola quenda de acceso de discapacidade xeral.

Está previsto que na fin de semana do 24 e 25 de xuño se leven a cabo, no Recinto Feiral de Silleda, as probas selectivas nas que resultaron admitidos un total de 11.434 aspirantes, sumando os admitidos para a categoría de enfermeiro/a e as clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro) que se relacionan a continuación:

· Farmacéutico/a inspector/a de saúde pública: 18 prazas e 253 aspirantes admitidos/as.

· Inspector/a farmacéutico/a: 5 prazas e 149 aspirantes admitidos/as.

· Inspector/a médico/a: 20 prazas e 79 aspirantes admitidos/as

· Licenciado/a en ciencias biolóxicas: 3 prazas e 61 aspirantes admitidos/as.

· Licenciado/a en ciencias químicas: 5 prazas e 69 aspirantes admitidos/as.

· Licenciado/a en farmacia: 6 prazas e 163 aspirantes admitidos/as.

· Licenciado/a en medicina e cirurxía: 19 prazas e 81 aspirantes admitidos/as.

· Licenciado/a en psicoloxía: 2 prazas e 42 aspirantes admitidos/as

· ATS/DUE: 12 prazas e 303 aspirantes admitidos/as.

· Subinspector/a sanitario/a: 6 prazas e 138 aspirantes admitidos/as.

As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os/as aspirantes exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega, atópanse publicadas, ao dispor dos usuarios, na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante en Fides/expedient-e, no apartado de “Procesos”.

10 de maio de 2023 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.