publicidade hoxe

O DOG publica a transferencia a prol do concello de Triacastela dun treito da estrada LU-633

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaLugoPortada dereitaTriacastela
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a transferencia a prol do Concello de Triacastela dun treito antigo da estrada LU-633 (LU-134) e do seu ramal de acceso, xunto co seu dominio público viario.

O Concello de Triacastela solicitou á Xunta a cesión da titularidade deste tramo, que conecta coa estrada LU-633 no punto quilométrico 27+430 e no 27+830. Conta cun ramal intermedio de acceso á estrada LU-633, no punto 27+640.

Trátase dun treito de carácter local e urbano, que constitúe unha rúa do núcleo de Triacastela e que carece de funcionalidade na rede autonómica de estradas de Galicia.

A transferencia tramítase agora de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Coa publicación hoxe deste decreto, o Concello de Triacastela terá a competencia para actuar neste treito de vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

Esta transferencia permite avanzar ademais no Plan Básico Autonómico de Triacastela, que está en tramitación, ao xa non ser esixibles as determinacións da normativa en materia de estradas a este treito.

Na seguinte ligazón ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta transferencia, aprobada na reunión do Consello da Xunta do pasado 20 de abril: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230508/AnuncioG0533-270423-0001_gl.html.

8 de maio de 2023 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.