publicidade hoxe

O DOG publica a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas das obras da fase 2 do CHUF

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Consellería de Sanidade pola que se dá publicidade da encomenda do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega de Infraestruturas da preparación, selección de contratista e adxudicación dos contratos relativos ás obras da fase 2 do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia a xestión de diversas actuacións de carácter técnico en relación con ditas obras.

Cómpre remarcar que, o novo plan funcional e de espazos que vai permitir deseñar a fase final da reforma do centro hospitalario, foi aprobado polo Sergas no pasado mes de marzo.

Esta fase final das obras, que posibilitará completar o Hospital Universitario de Ferrol, vai ter tres obxectivos principais, que son a reforma das unidades de hospitalización da zona sur do Marcide, con 108 camas en habitacións todas elas con baño propio; a reforma dos bloques cirúrxicos do Marcide e do Naval, ganando dous quirófanos en cada un dos edificios, co que haberá 10 no Marcide e 8 no Naval; e, ademais, a reforma dos gabinetes de especialidades nos que se realizarán todas as probas de áreas como dixestivo, neumoloxía, neuroloxía, uroloxía e outras; e os laboratorios de análise clínica e de microbioloxía.

Sinalar, por último, que este Plan Director do Complexo Hospitalario de Ferrol acada, no seu conxunto, un investimento total de 130 millóns de euros.

5 de maio de 2023 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.