publicidade hoxe

Conde apunta que Galicia quere ser un foco de atracción de talento e investimento no ámbito tecnolóxico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Apertura de Ecosystems 2030

Apertura de Ecosystems 2030

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, apuntou hoxe na apertura de Ecosystems 2030 na Coruña que Galicia quere ser un foco de atracción de talento e investimento no ámbito tecnolóxico.

Entre os exemplos que demostran este afán, Conde mencionou a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia), que se situará na Coruña e que apoia os obxectivos marcados pola Xunta a través da Estratexia Galicia Dixital 2030. Nesta liña tamén se enmarca o Polo Cuántico, dentro do cal se inclúe o acordo con Fujitsu para a adquisición dun computador cuántico que se vai instalar no Centro de Supercomputación de Galicia; e a Cidade das TIC da Coruña e o Data Center que está desenvolvendo Ingenostrum; así como o Polo Aeroespacial de Galicia.

O vicepresidente primeiro, que destacou a importancia de que A Coruña sexa sede dun foro como Ecoystems 2030, subliñou que o encontro vai permitir afondar nos avances que están por vir da man da intelixencia artificial, a cuántica ou a I+D+i.

4 de maio de 2023 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.