publicidade hoxe

Adxudicadas por máis de 1,3 M€ as obras de mellora de 55 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaGaliciaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta vén de adxudicar por máis de 1,3 M€ as obras de mellora da accesibilidade e conectividade de 55 paradas de autobús situadas nas estradas autonómicas ao paso das rutas de acceso á Coruña.

As actuacións foron adxudicadas á empresa Construcciones Cernadas S.L. e o contrato correspondente será formalizado nos vindeiros días.

Estas intervencións permitirán actuar nas paradas correspondentes á zona oeste de acceso á cidade Coruña situadas en 6 estradas da titularidade da Xunta ao paso por 7 concellos das comarcas da Coruña e de Bergantiños.

Máis concretamente, a través deste contrato melloraranse as paradas situadas nas estradas autonómicas AC-400, AC-413, AC-414, AC-418, AC-424 e AC-552. Concretamente, no concello de Arteixo, melloraranse 26 paradas; na Coruña 3; en Culleredo 12; en Carballo 9; en Cerceda 2; en Malpica 1 e en Ponteceso 2.

As intervencións consistirán no acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas.

Tamén se inclúe a instalación de novas marquesiñas ou a colocación de varandas para protexer aos usuarios onde haxa desniveis.

Estas tarefas enmárcanse no Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas para a mellora de 1.100 paradas en toda Galicia cun investimento previsto de arredor de 35 M€.

Os proxectos están financiados ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea–Next Generation EU e enmárcase no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente.

24 de maio de 2023 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.