publicidade hoxe

Ábrese o prazo de solicitude de vacacións familiares nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaNigránO CarballiñoPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica o procedemento para a adxudicación de estadías nas Residencias de tempo libre de Panxón (Nigrán) e O Carballiño. As familias que queiran desfrutar do verán nestes centros teñen desde mañá e ata o vindeiro día 30 de maio para presentar as solicitudes.

Poderase cursar unha única solicitude por unidade familiar, na cal se indicará a orde de preferencia no desfrute das estadías e en que residencia. Estas deberán dirixirse ás Xefaturas Territoriais de Ourense ou Vigo, en función do centro residencial que se elixa. Ademais, as peticións poderán realizarse a través da sede electrónica da Xunta.

O Goberno galego conta este ano con 2760 prazas para achegarlles ás familias galegas máis posibilidades nesta campaña estival, distribuídas do seguinte xeito: 1320 prazas na Residencia de tempo libre do Panxón, en Nigrán; e 1440 na Residencia de tempo libre do Carballiño. Outra das novidades que hai nesta convocatoria é a ampliación das quendas ata finais de setembro, para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queiran desfrutar destas residencias.

Prezos e descontos

Ao igual que en convocatorias anteriores, as familias de especial consideración como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista terán prioridade no acceso a unha destas prazas. Ademais, a Xunta volveu adiantar publicación da convocatoria para darlle máis marxe ás familias para organizar as súas vacacións de verán.

As familias contarán con servizo de aloxamento e de comedor para desfrutar durante a súa estancia de todas as comodidades mentres poden aproveitar o tempo de vacacións para fortalecer os lazos familiares e gozar de tempo de ocio e lecer.

O prezo por persoa e día é de 37 euros en pensión completa, ao que se engaden descontos por nenos (dun 50 %) e familias galegas de especial consideración como numerosas ou monoparentais, acolledoras ou vítimas de violencia machista (dun 30 %).

15 de maio de 2023 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.