publicidade hoxe

Ábrese a convocatoria de axudas para a integración das enerxías renovables na actividade dos concellos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se establecen os criterios de distribución de parte do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local (FCL) para incentivar a participación dos concellos en proxectos técnicos de creación e desenvolvemento de comunidades enerxéticas. Dotada con 1 millón de euros, a medida ten como obxecto contribuír á integración das enerxías renovables na actividade local.

Deste xeito, os concellos que vaian promover ou participar nunha comunidade de enerxías renovables nos termos establecidos na Lei 24/2013 do sector eléctrico recibirán unha achega máxima inicial de ata 15.000 euros para cubrir ata o 100 % do custo final do proxecto. No caso de haber remanentes poderá incrementarse a contía mediante a súa redistribución entre todos os destinatarios, sempre co custo final de cada proxecto como límite.

A dotación destínase ao financiamento dos gastos relacionados coa preparación e redacción dos proxectos técnicos, como contratos de servizos ou honorarios profesionais de arquitectura e enxeñaría, para a posta en marcha da comunidade enerxética, para a execución das obras ou para a instalación dos equipamentos necesarios.

As administracións locais interesadas en acollerse a esta iniciativa deberán presentar unha única solicitude a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. O prazo é dun mes a partir de mañá. Entre a documentación precisa requírese unha memoria explicativa do proxecto de comunidade enerxética e un orzamento detallado das actuacións financiables.

4 de maio de 2023 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.