publicidade hoxe

A Xunta ten en marcha un proceso participativo para preparar a nova Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

A Xunta está a preparar a nova Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030 para reforzar as liñas de actuación seguidas na actual Estratexia, iniciada no ano 2014, e dar resposta aos novos retos e necesidades que xorden no marco das políticas de inclusión social. Con este obxectivo, está en marcha un proceso participativo coa implicación, por unha parte, dun equipo institucional formado por representantes de diferentes departamentos e organismos da Administración autonómica e, por outra, dun grupo de traballo técnico constituído por persoal técnico de Concellos, entidades de iniciativa social e outros axentes implicados, como colexios profesionais.

Na nova Estratexia de Inclusión Social propóñense catro eixes prioritarios de intervención: previr o risco de pobreza e de exclusión social; combater as situacións de pobreza e de exclusión social; promover a inclusión de todos os territorios e apoiar un espazo rural inclusivo; e impulsar a mellora cualitativa dos servizos sociais de inclusión. Ademais, a atención á interseccionalidade e á diversidade cultural será de aplicación transversal a todos os eixes. Cada un destes eixes leva comprendidos obxectivos dos que sairán as medidas a desenvolver ata o ano 2030.

Dentro deste proceso participativo, a Consellería de Política Social e Xuventude abriu o pasado día 2 de maio unha consulta pública a través do Portal de Transparencia, que estará dispoñible ata o vindeiro día 25 deste mes. Nela animase a participar a entidades locais, ao terceiro sector de acción social e a outros axentes que traballan en favor da inclusión social.

10 de maio de 2023 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.