publicidade hoxe

A Xunta reforza os equipos psicosociais do Imelga en colaboración co Colexio de Psicoloxía de Galicia e a Asociación Nacional de Peritaxe Social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerdaProvincias
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

A Xunta reforza os equipos psicosociais do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) en colaboración co Colexio de Psicoloxía de Galicia (COPG) e a Asociación Nacional de Peritaxe Social (ANPS). Así se estableceu nos respectivos convenios asinados polo vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, coa decana do COPG, Mª Rosa Álvarez, e a presidenta da ANPS, Anahí Silvia Rama. O obxectivo é darlle resposta á elevada demanda de valoracións por parte dos xulgados e tribunais en materia de familia.

Así, ambas as entidades elaborarán listaxes de reforzos cos profesionais integrados en cada un dos colectivos que cumpran cos requisitos establecidos, como formación especializada, experiencia na realización de ditames na materia, e non exercer xa como profesional adscrito á Administración de Xustiza, entre outros. A función de reforzo exercerase sempre a petición dos xulgados e tribunais, que a derivarán directamente ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e á Asociación Nacional de Peritaxe Social. O prazo máximo para a entrega dos documentos requiridos será de 40 días.

Segundo o acordo asinado, a Xunta compensará economicamente os colectivos por cada informe pericial psicolóxico ou de traballo social elaborado. Trátase así de cubrir todos os gastos xerados pola intervención pericial, como elaboración, desprazamentos e calquera actuación ante o órgano xudicial. O orzamento máximo previsto ascende a 30.000 euros para cada unha das entidades.
A maiores desta achega, o Goberno galego comprométese a proporcionar espazos axeitados para a realización do traballo pericial en dependencias administrativas ou xudiciais propias, así como a facilitar a formación dos peritos.

Medidas organizativas de reforzo

 convenio formalizado hoxe súmase ás medidas organizativas de reforzo impulsadas nos últimos meses co obxectivo de atender as peticións de informes psicosociais por parte dos órganos xudiciais, como o incremento de dedicación dos equipos do Imelga para esta tarefa e a habilitación de horas extraordinarias voluntarias.

A través delas dáselle resposta ao aumento da carga de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia xerada pola elevada demanda dos xulgados en asuntos de veracidade do testemuño como consecuencia da entrada en vigor de nova normativa, como a lei de garantía integral da liberdade sexual, a reforma da lexislación civil e procesual ou a lei de protección integral á infancia e á adolescencia.

16 de maio de 2023 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.