publicidade hoxe

A Xunta financiará con 17,3 M€ a actividade investigadora dos grupos científicos máis competitivos do sistema galego de I+D+i

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O presidente da Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo en valor a aprobación hoxe por parte do Consello da Xunta da partida de 17,3 millóns de euros a axudas para garantir o funcionamento dos grupos de investigación máis competitivos do sistema de I+D+i para o período 2023-2027.

“O obxectivo é que os investigadores galegos teñan garantía dun financiamento dabondo e estable para desenvolver os seus proxectos a curto, a medio e longo prazo”, subliñou Rueda con respecto a esta liña de axudas conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

A convocatoria vai dirixida ás tres universidades públicas galegas, aos organismos públicos de investigación en Galicia, ás fundacións galegas de investigación sanitaria e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

Rueda enxalzou o dato de que, con cargo a ela, o Goberno galego leva mobilizado máis de 223 millóns de euros nos últimos 13 anos para estas entidades grupais, o que garante que en día de hoxe haxa en Galicia 285 grupos cunha actividade investigadora constante.

O mandatario galego incidiu en que estas axudas procuran que os grupos de científicos máis excelentes do sistema galego de investigación poidan desenvolver o seu labor de xeito estable e cunha liberdade de acción suficiente para reorientalo, de ser o caso. Trátase, por tanto, dunha acción que permitirá seguir dotando o sistema investigador de estabilidade e impulsando a súa excelencia.

Tres modalidades e a consideración do lidarado e importancia das mulleres
Rueda precisou que, ao igual que nas convocatorias anteriores, a orde inclúe tres modalidades de axuda. Unha delas vai dirixida ao apoio a grupos de referencia competitiva que, segundo apuntou, son aqueles considerados “a primeira división da investigación” cunha traxectoria consolidada. A axuda renóvase cada catro anos e oscila entre os 200.000 e os 400.000 euros.

A segunda modalidade das axudas é para grupos de potencial crecemento. O presidente exolicou que se trata daqueles que están na senda de excelencia “cun pontencial de crecemento”, valorou. As achegas son cada tres anos e están entre 90.000 e 120.000 euros.

A terceira modalidade destas axudas vai dirixida a proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Esta partida procura, segundo indicou Rueda, darlle unha oportunidade a aqueles científicos alleos aos grupos ou que queren liderar o seu propio proxecto poidan facelo.

No caso desta terceira modalidade existen dúas variantes, unha para reforzar a traxectoria investigadora consolidada do beneficiario, con 200.000 euros por proxecto, e outra para os investigadores emerxentes, con 125.000 euros.

Nesta nova convocatoria manterase o criterio de ter en consideración o liderado e a importancia e o papel desempeñado polas mulleres nas propostas presentadas, co fin de contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación no Sistema galego de I+D+i.

 

11 de maio de 2023 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.