A Xunta entrega ao Concello de Lugo os espazos públicos da terceira fase do polígono das Gándaras
A Xunta de Galicia entregou hoxe ao Concello de Lugo, unha vez rematadas as obras, os espazos públicos dos traballos de urbanización correspondentes á terceira fase do parque empresarial lucense das Gándaras.
Os espazos entregados ao Goberno local están integrados por tres rúas, unha praza e unha reserva viaria, cunha superficie total de 20.344 metros cadrados. Cómpre lembrar que a terceira fase do parque empresarial das Gándaras conta con 25 parcelas urbanizadas, que suman un total de 35.424 metros cadrados.