publicidade hoxe

A Xunta avanza no desenvolvemento da futura Lei de recursos naturais co obxectivo de que naza froito do consenso e a participación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerdaProvincias
A-
A+
 Pablo Fernández na reunión do Comité Executivo de Enerxía

Pablo Fernández na reunión do Comité Executivo de Enerxía

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta mañá á reunión do Comité Executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade para informar do anteproxecto de Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.

Tal e como trasladou, o documento está na fase de información pública para recibir achegas que permitan mellorar a futura norma co obxectivo de contar cunha lei froito do consenso e a participación.

O texto legal conta cun título preliminar e sete títulos nos que se regulan diferentes aspectos como o obxecto da norma e a definición dos beneficios sociais e económicos; a análise integral á que serán sometidos os proxectos que fan un uso intensivo da auga, as iniciativas mineiras e as de producción de enerxía a partir de fontes renovables; ou a constitución dunha sociedade mixta que poderá ser titular de proxectos de aproveitamento de recursos.

A futura lei tamén contempla a creación dun canon para gravar as liñas eléctricas que conectarán os parques da enerxía eólica mariña, o desenvolvemento dos proxectos de autoconsumo nas áreas empresariais, así como a creación dun fondo da Xunta de Galicia para a recuperación de territorios afectados por incendios e que contará con achegas de empresas, o impulso dun sistema voluntario de créditos de carbono ou a xestión de biorresiduos.

16 de maio de 2023 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.