publicidade hoxe

A Xunta adxudica preto de 58.000 metros cadrados de solo empresarial en 8 polígonos industriais galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

A Xunta de Galicia adxudicou un total de 57.845,08 metros cadrados de solo empresarial en oito polígonos industriais por preto de 5,3 millóns de euros, logo de aplicarse bonificacións de entre o 30 % e o 50 %.

Con esta adxudicación, Xestur pecha o concurso de venda de solo empresarial de 2023 e, ata a convocatoria do próximo, poderá vender de forma directa as parcelas non adxudicadas ás empresas que estean interesadas nelas, pero sempre coas mesmas condicións e prezos fixados nas bases do concurso.

O solo adxudicado sitúase nos polígonos de: Bértoa (Carballo), A Sionlla (Santiago), Morás (Arteixo), As Gándaras (Lugo), Vilamarín, Silleda, A Reigosa (Ponte Caldelas) e A Veigadaña (Mos)

24 de maio de 2023 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.