publicidade hoxe

Villanueva destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencia fronte aos riscos psicosociais do seu labor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPortada dereitaVigo
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na apertura da II Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, onde destacou a importancia da sensibilización entre o persoal das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencia fronte aos riscos psicosociais do seu labor. Nesta liña referiuse á necesidade de impulsar accións formativas e divulgativas para afondar no apoio psicolóxico e no manexo do estrés, como a organizada hoxe polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC) co apoio do Parlamento de Galicia.

O director xeral incidiu na necesidade de dotar de recursos estes profesionais que no seu día a día se enfrontan a situacións cunha elevada carga emocional, como as intervencións en catástrofes e emerxencias. Santiago Villanueva sinalou que as administracións deben colaborar nesta formación e así o está a facer a Academia Galega de Seguridade Pública con cursos específicos sobre a materia.

A apertura de SAUDEPOL estivo a cargo do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e nela participou tamén, ademais do director xeral, o comisario provincial de Pontevedra, Juan José Díaz. A continuación interviñeron diversos expertos para abordar o traballo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias, os autocoidados, a promoción da saúde mental e a prevención do suicidio.

28 de abril de 2023 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.