publicidade hoxe

Os servizos de autobús dos institutos de Xinzo de Limia verán reducidos a partir do 11 de abril os tempos nas rutas máis longas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePortada dereitaXinzo de Limia
A-
A+

Desde o 11 de abril os servizos de autobús integrado do IES Lagoa de Antela e do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia verán reducidos os tempos nas rutas máis longas.

As medidas aprobadas pola Xunta permiten reducir o tempo que os escolares pasan no transporte e a espera entre que baixan ao autobús e entran ao instituto, así como entre o remate das clases a o regreso aos seus domicilios.

Para iso, por unha banda, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade revisou a duración de todas as liñas, axustando aquelas nas que é posible cumprir cunha duración real menor, para minimizar o tempo de viaxe a bordo do autobús.

Ademais, mellorouse a coordinación das chegadas dos servizos aos centros e das saídas ao remate da xornada lectiva. Deste xeito, axustáronse ao máximo as esperas dos escolares entre que baixan do autobús e comezan as clases, e entre que finalizan e volven á casa.

A configuración anterior supoñía certos desaxustes nas horas de chegada e de saída dalgúns autobuses, motivando que os escolares dalgunhas rutas tivesen tempos de espera superiores ao previsto.

En conxunto, as novas horas de chegada aos centros reducirán os tempos de espera en 15 das 16 liñas integradas que transportan aos alumnos de ambos os dous institutos.

Coa reorganización dos servizos aprobada, as rutas máis longas chegarán entre 4 e 9 minutos antes do comezo da xornada, mentres que os autobuses sairán inmediatamente ao remate das clases da mañá.

Os maiores aforros neste aspecto produciranse nas liñas: Atas (marquesiña)-IES Cidade de Antioquía; A Fontela (cruce)-IES Lagoa de Antela; Congostro (escolar)-Xinzo de Limia E.A.; San Millán (marquesiña)-IES Cidade de Antioquía; e Meaus (marquesiña)-IES Cidade de Antioquía. Estas 5 liñas chegarán aos centros entre 20 e 30 minutos máis tarde do que o viñan facendo, minimizando así o tempo de espera do alumnado.

En conxunto, esta reorganización beneficia en maior medida aos estudantes das rutas que percorren maior distancia, nas que se garanten os menores tempos de viaxe posibles.

4 de abril de 2023 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.