O DOG publica o nomeamento de máis de 50 novos funcionarios de carreira na especialidade de psicoloxía
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que se nomean 55 novos funcionarios de carreira da Xunta de Galicia, en concreto na especialidade de psicoloxía (subgrupo A1).
Unha vez publicada a resolución de nomeamento, os novos funcionarios disporán do prazo dun mes, que comeza a computarse a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, é dicir, mañá xoves, para tomar posesión dos postos que lles foron adxudicados.
Os actos de toma de posesión supoñen a parte final dun proceso selectivo. A medida que os procesos selectivos van concluíndo, a Administración convoca os actos de elección de destino para que as persoas aspirantes que superaron ditos procesos poidan elixir un destino entre todos aqueles que se lle ofertan e finalmente tomar posesión.