publicidade hoxe

O Consello de Docencia Clínica de Galicia aproba o incremento do 15% no número de prazas do Grao en Medicina para o curso 2023-2024

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

O conselleiro de Sanidade, Julio Garcia Comesaña, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participaron na xornada de onte nunha nova xuntanza do Consello de Docencia Clínica de Galicia, na que se aprobou ampliar nun 15% o número de prazas no Grao en Medicina.

Na reunión, na que tamén participaron os reitores da Universidade da Coruña, Julio Abalde; da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; e o vicerreitor de Profesorado, Docencia y Titulaciones da Universidade de Vigo, Alfonso Lago, tamén se presentou o resumo das actividades de colaboración que manteñen a Consellería de Sanidade e o Sergas, coas unidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Desde a Xunta considérase esta medida como axeitada, aínda que o problema máis grave que ten agora a Comunidade galega, e o resto de España, é o déficit de médicos especialistas, como é o caso de Medicina Familiar e Comunitaria e Pediatría.

18 de abril de 2023 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.