publicidade hoxe

A Xunta demanda ao Goberno os trens AVRIL para que o AVE chegue ás cidades galegas e a modernización da liña que une A Coruña con Lugo e Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaGaliciaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Entrega dos Premios San Telmo

Entrega dos Premios San Telmo

A Xunta insta ao Goberno a habilitar os trens AVRIL para que a alta velocidade chegue ás principais cidades galegas e a modernizar a rede ferroviaria que une A Coruña con Lugo e Ferrol.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, co delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na entrega do Premio San Telmo 2021, organizado polo Colexio de Enxeñeiros, Canais e Portos.

Subliñou as actuacións recoñecidas hoxe, o AVE galego e a obra civil e mariña para a descarga de cru en Langosteira, grazas ao esforzo titánico de enxeñeiros, técnicos, directores de obra ou operarios implicados en converter en realidade estas infraestruturas de transcendencia capital para a sociedade.

Remarcou o traballo do sector da enxeñería, poñendo o acento nos profesionais de referencia a nivel estatal que sitúan Galicia á vangarda europea dando resposta a moitos desafíos construtivos.

No que se refire ao AVE, sinalou que é unha infraestrutura cun triplo retorno económico, social e ambiental. No primeiro ano de funcionamento, a demanda de viaxes da liña ferroviaria coa Meseta medrou máis dun 70 %, con 1,8 millóns de pasaxeiros que utilizaron o AVE para desprazarse entre Madrid e Galicia.

Neste sentido, insistiu en que se complete a chegada do AVE a Galicia, coas obras pendentes en Ourense e coa disposición dos trens AVRIL preparados para cumprir os tempos de viaxe comprometidos entre A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo con Madrid.

Tamén puxo o acento na necesidade dunha planificación completa e concreta para modernizar a rede de ferrocarril que conecta A Coruña con Lugo e con Ferrol e que non pode seguir sendo unha illa ferroviaria en Galicia.

En relación ao outro proxecto recoñecido hoxe, fixo fincapé no potencial transformador da obra civil e mariña de descarga de cru no Porto Exterior de Langosteira.

Explicou que este novo pantalán para descarga de cru, con capacidade para o atraque de petroleiros de ata 200.000 toneladas e 300 metros de eslora, incrementa a súa competitividade o atractivo do Porto Exterior para a captación de novos tráficos.

Ademais, avanzou que a execución do Novo CHUAC está próxima a comezar, cun investimento de 500 M€, e destaca o papel da enxeñería no impulso da maior obra sanitaria proxectada na comunidade.

Convidou aos enxeñeiros a achegarse ao proxecto que aspira a blindar a maior asistencia sanitaria pública para A Coruña e a súa área durante os vindeiros 50 anos e que en termos de mobilidade e accesibilidade representa un enorme reto.

Referiu tamén a calidade do resto dos traballos presentados a este Premio San Telmo 2021: a mellora da conexión entre Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao paso por Seixo, impulsada pola Deputación de Pontevedra; ou a mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago, en Compostela; e a pasarela na AC-552, A Grela-Marineda, presentadas pola Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta.

27 de abril de 2023 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.