publicidade hoxe

A Xunta convoca as axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega para o ano 2023

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Trátase dunha liña de axudas destinada á edición de materiais en formato impreso ou dixital á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina durante este ano 200.000 euros.

O obxectivo da convocatoria, dirixida ás empresas do sector editorial, é fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego no ensino regrado e favorecer o tecido da industria editorial galega. Aquelas que cumpran os requisitos poderán solicitar as axudas obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario da sede electrónica da Xunta ata o 29 de maio.

Será subvencionable a elaboración e edición en lingua galega dos recursos didácticos curriculares e complementarios destes realizados en soportes impresos ou dixitais, os libros de creación literaria, así como dicionarios e enciclopedias, os libros de bibliófila/o, os de difusión gratuíta ou publicados por clubes de lectura ou similares, as obras que non sexan primeira edición e os proxectos con contidos idénticos aos xa subvencionados.

Os proxectos presentados serán valorados por unha comisión en función da súa orixinalidade -primando as obras de creación propia sobre as adaptacións ou refundicións- e da súa calidade, que se medirá en función da adaptación dos materiais ao currículo oficial, do tipo de actividades propostas, da relación dos contidos cos intereses e coñecemento do alumnado destinatario, do tratamento dos valores democráticos, da adecuación á realidade cultural e social de Galicia e, por suposto, da calidade lingüística.

Ademais, os materiais destinados á formación profesional específica ou ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo obterán un incremento final da puntuación global dun 20% sobre a puntuación acadada.

28 de abril de 2023 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.