publicidade hoxe

Amplíase ata o vindeiro venres 17 de marzo o prazo para inscribirse na nova edición de Xuventude Mentoring

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia amplía unha semana máis, ata o vindeiro venres 17 de marzo, o prazo de presentación de solicitudes para a terceira edición do Xuventude Mentoring. O obxectivo do programa é asesorar, formar e facilitar a inserción laboral de mozas e mozos que acaban de rematar os seus estudos.

Os interesados en participar nesta nova edición poden inscribirse a través da páxina web xuventudementoring.gal. Os requisitos son ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego, estar inscrito e ser beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e ter entre 18 e 30 anos de idade.

A través do Xuventude Mentoring —que conta coa colaboración do Consorcio Interunivesitario de Galicia (Cixug) e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo—, ofrécese á xente nova un primeiro contacto profesional coa súa área de coñecemento, con actividades formativas, sesións de networking e visitas a empresas para que esta poida crear a súa rede de contactos. Así mesmo, facilítaselles o apoio directo de expertos, empresarios e profesionais con experiencias que actúan como mentores, os cales os axudan na procura de emprego e na adquisición das habilidades que máis demandan as empresas.

250 prazas dispoñibles

Nas dúas edicións anteriores, esta iniciativa contou ca participación de 300 mozos, colaboraron nas mesmas 200 mentores para orientalos nos seus primeiros contactos co mundo laboral e implicáronse unha vintena de entidades e empresas. A convocatoria deste ano ofrece 250 prazas e conta cun orzamento de 500.000 euros, financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil para o período 2014-2020.

10 de marzo de 2023 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.