publicidade hoxe

A Xunta reafirma o seu apoio ao sector lácteo galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
 José González na reunión con representantes do sector lácteo

José González na reunión con representantes do sector lácteo

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe un encontro con representantes da asociación de gandeiros e gandeiras Agromuralla, ante os que reafirmou -como xa fixera antes con diversas entidades agrarias- o apoio da Xunta ao sector lácteo galego, co gallo de consolidalo no eido produtivo pero tamén no da transformación.

Nesa liña, o conselleiro coincidiu con Agromuralla en que tanto a Administración como os produtores deben estar vixiantes á hora de que se cumpra toda a normativa legal en canto á sinatura de contratos, mantendo unha estabilidade nos prezos que garanta a rendibilidade a medio e longo prazo das nosas explotacións.

27 de marzo de 2023 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.