publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de mellora da eficiencia enerxética da delegación territorial de Ferrol nas que se investirán preto de 830.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Vista do edificio

Vista do edificio

A Xunta inicia hoxe as obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio da Delegación Territorial de Ferrol nas que se investirán preto de 830.000 euros con cargo aos fondos europeos Feder Galicia 2014-2020.

A delegada territorial, Martina Aneiros, puxo en valor os traballos en tanto “supoñen continuar avanzando na modernización e renovación das infraestruturas administrativas da Xunta e na posta en marcha de novas tecnoloxías coas que obter importantes aforros económicos e de enerxía, ao reducirse a emisión de CO2 e o consumo de quilovatios”.

Os traballos, adxudicados a Prace Servicios y Obras, inclúen a instalación de 2 bombas de calor aerotérmicas en substitución da actual por absorción e do compresor de gas natural, así como a renovación das luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED máis eficientes.

Ademais, instalaranse 16 paneis solares na terraza do edificio que permitirán xerar a través da enerxía fotovoltaica para autoconsumo 7.599 quilovatios ao ano e, ao mesmo tempo, reducir en dúas décadas en 59 toneladas o dióxido de carbono á atmosfera. Tamén se colocarán estruturas metálicas para dar soporte aos paneis fotovoltaicos, aos paneis acústicos ou ás máquinas de climatización. O prazo de execución destes traballos é de seis meses.

Desde 2015 o investimento da Administración autonómica en melloras de eficiencia enerxética dos seus edificios administrativos achégase aos 17 millóns de euros, a maiores deste proxecto que hoxe comeza en Ferrol e o que se está a desenvolver na Delegación Territorial da Coruña.

13 de marzo de 2023 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.