publicidade hoxe

A Xunta destina máis de 4 M€ a promover accións entre os concellos da comunidade para fomentar o embelecemento do litoral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para que os concellos do litoral galego realicen actuacións de embelecemento no litoral, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU.

O obxectivo principal destas axudas, dotadas cun orzamento de 4.485.000 euros, é fomentar actuacións de rehabilitación de espazos singulares, promover accións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, a dixitalización de recursos con potencial turístico, así como a mellora da fachada turística e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras, de xeito que contribúan ao embelecemento do litoral da Comunidade Autónoma de Galicia e a un turismo sustentable.

Trátase da primeira convocatoria que pon en marcha a Axencia de Turismo de Galicia para á conservación, rehabilitación, revalorización e mellora do patrimonio singular, natural e de uso turístico do litoral galego no marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

Axudas a concellos do litoral galego
Na liña de axudas dirixida a concellos, poderán ser beneficiarios os concellos situados no territorio do litoral galego, definido coma terra xunto á costa marítima dos mares Atlántico e Cantábrico.

Son 73 concellos, distribuídos do seguinte xeito:

Provincia da Coruña: Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón, Ferrol, Neda, Mugardos, Ares, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Bergondo, Sada, Oleiros, A Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Carnota, Muros, Outes, Noia; Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

Provincia de Lugo: O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo

Provincia de Pontevedra: Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Sanxenxo, O Grove, Poio, Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.

Estas axudas a concellos o orzamento divídese en tres liñas de actuación subvencionables: transición verde e ecolóxica, cun orzamento de 2.700.000 €, transición dixital, cun orzamento de 675.000 € e transición accesible e inclusiva , cun orzamento de 1.100.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá.

17 de marzo de 2023 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.