publicidade hoxe

A Xunta avoga por un urbanismo responsable para garantir o equilibrio entre o urbano e o rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+

A Xunta mantén o seu compromiso cun urbanismo responsable para garantir o equilibrio territorial entre o urbano e o rural, segundo explicou a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, durante a súa intervención na Reunión de Grupo de Expertos (EGM): Recuperar o equilibrio territorial fortalecendo os vínculos urbano-rurais, que tivo lugar na localidade estremeña de Mérida.

Rivas subliñou que Galicia traballa na construción dun modelo que supere a “dicotomía urbano-rural e que consolide os núcleos intermedios como elementos de equilibrio”, tal e como establecen as Directrices de Ordenación do Territorio, que perfilan un escenario de futuro co que se aspira a conseguir un territorio máis integrado, sostible e equilibrado que facilite a renovación e dinamización dos procesos económicos de cara a un desenvolvemento sostible e unha mellor calidade de vida da cidadanía.

Deste xeito, o Goberno galego defende unha reactivación das zonas rurais e dos centros urbanos que “fomente a reutilización do existente, restrinxa novos crecementos urbanos, protexa a identidade local e evite a perda do patrimonio construído”, dixo a directora, quen tamén abordou a aposta que se leva a cabo para aumentar a calidade do deseño das contornas habitables coa promoción de procesos creativos que fixen normas e criterios para a construción de inmobles e a humanización dos espazos públicos.

A maiores, Rivas subliñou a importancia da gobernanza multinivel que promova o entendemento e a colaboración administrativa para garantir a participación de todos os axentes da sociedade. De feito, puxo en valor que Galicia é unha comunidade pioneira á hora de apoiar aos concellos pequenos para acadar un urbanismo responsable, ordenado e sustentable.

13 de marzo de 2023 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.