publicidade hoxe

Xunta e o Concello da Merca avanzan no proxecto para acadar unha mellor integración paisaxística da contorna de Santa Eulalia de Parderrubias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MercaGaliciaLocal PortadaOurensePortada dereita
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde da Merca

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde da Merca

A Xunta e o Concello da Merca avanzan no proxecto para acadar unha mellor integración paisaxística da contorna de Santa Eulalia de Parderrubias.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade ourensá, José Manuel Garrido, avaliaron a reformulación deste proxecto municipal nunha reunión que mantiveron hoxe en Santiago de Compostela. Cómpre lembrar que esta iniciativa xa fora abordada por ambas as dúas administracións o pasado mes de xuño, pero reconsideráronse algúns aspectos para darlle prioridade aos aspectos paisaxísticos e aos valores culturais desta contorna.

A obra, cun orzamento estimado de máis de 100.000 euros, podería encaixar nos obxectivos do plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza. Deste xeito, e se a Consellería decidise apoiar o proxecto, o Goberno galego financiaría o 70% e o concello o 30% restante.

Desde a posta en marcha do Plan Hurbe mobilizáronse ao redor de 163 millóns de euros para o financiamento de máis de 410 iniciativas urbanísticas en decenas de concellos galegos co fin de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor as súas contornas urbanas. No caso concreto do Concello da Merca e ao abeiro deste programa, xa se levou a cabo a urbanización da igrexa do Carme en Entrambosrríos.

Ademais, a Xunta destinará 8,6 millóns de euros este ano a seguir apoiando aos concellos neste tipo de obras, un 23% máis que o orzamento reservado a tal fin en 2022.

21 de febreiro de 2023 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.