publicidade hoxe

Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura e Cantabria, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 19,21 días, case 10 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 29,19. Ademais, tamén se situou case 11 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio sitúan a Galicia como a terceira comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de novembro no 0,25%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,39%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 5.141 millóns de euros, dos que 174 millóns – o 3,38%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma estaba en novembro de 2022 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

23 de xaneiro de 2023 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.